Archive for the ‘Universidade’ Category
UNIVERSIDADE INVISÍBEL: “A construción do movemento esixe moito máis que a mera produción de saberes”. | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() Falamos con José Ángel Brandariz e Xulio Ferreiro, membros da Universidade Invisíbel, sobre o papel da universidade hoxe en día e sobre o que pode aportar un experimento como o da Universidade Invisíbel, que se move entre o movemento social militante e a institución académica universitaria. Proxecto Derriba: Que é a Universidade Invisíbel e que relación ten coa institución universitaria? Universidade Invisíbel: A Universidade Invisíbel é un experimento que intenta interrelacionar cando menos dous conxuntos de cousas diversos. Por unha parte, intenta interrelacionar experiencias de activismo político en sentido máis clásico ou estrito con produción teórica e discursiva dende fóra, pero tamén cara a dentro, da institución universitaria. Polo tanto, aí interrelaciona este ámbito que se supón que sería un tanto alleo como valorización da produción teórica dentro dun ámbito académico, xunto co decantamento de análises e de retóricas que veñen das loitas concretas. Por outra parte, intenta facer unha ensamblaxe ou poñer a dialogar realidades de traballo que non son homoxéneas, é dicir, realidades de persoas que intentan traballar dentro da universidade, máis ou menos no seu centro ou máis ou menos nos seus bordes, con realidades doutras persoas que fan investigación, pero non a fan dende un ámbito universitario, e que valorizan esa investigación tamén en tarefas distintas, con producións teóricas de ámbitos xa completamente alleos á institución académica como poden ser ámbitos artísticos -e isto era quizais máis a primeira intención, que despois seguramente foi a menos ben sucedida-. Esta sería quizais a definición un pouco máis ancha das pretensións da Universidade Invisíbel. Quizais, descrito de forma moi concreta, sería a forma de pensar que se poidan producir círculos virtuosos entre transformación social, activismo social, activismo político, produción teórica e retroalimentación dunha cousa e da outra. |
O pensamento que vén
Posted Maio 6, 2011
on:“Proxecto Derriba, Universidade Invisíbel, Axóuxere, ou Universidade Cromática das Virtudes, Ergosfera, Alg-a, ou Teatro Resoante son só algúns dos nomes do que semella unha tendencia crecente. Horizontalidade, pensamento crítico, pluralidade, busca de espazos alternativos, traballo en rede e colaboración entre colectivos son algunhas das marcas que se poderían aplicar a estes movementos, que abordan desde a filosofía á pedagoxía, a arte ou a arquitectura. No entanto, definilos claramente ou explicar por qué están aquí non é tan sinxelo” en culturagalega.org. Máis info.
- In: activismo | Creatividade | Cultura | Cultura pop | Deleuze | Duncombe | Espectáculo | Imagem | Pedagoxia | Ranciere | Teatro | Universidade
- 4 Comments
Hola amigxs de la Invisíbel, os presento un breve texto que escribí como informe acerca de mis impresiones personales y conclusiones provisionales sobre la investigación cultura/espectáculo que andamos llevando por este laboratorio invisibel. Espero que nos sirva para avanzar en esta investig-acción. Muchos abrazos.
Comentarios recentes