Laboratorio Invisibel

Archive for the ‘Uncategorized’ Category

texto de Paco Inclán para súa residéncia en Alg-a Lab

Revalorizar obxectos persoais -biográficos, memorísticos, familiares- dos veciños e veciñas da parróquia de Valladares foi a interface para me adentrar na memória psicoxeográfica da parróquia. O principal valor expositivo dos obxectos que eiqui se amosan está no inseparábel fío condutor que os vencella ás persoas que os emprestaron para esta mostra. Os obxectos -subxectivizados pola história que transmiten- son un apéndice dos suxeitos, un xeito de me achegar -digamos superficialmente- á idiosincrásia do lugar através das súas xentes.

Ler o resto desta entrada »

Escrito por Abrahám Rubín.

Dentro do contexto italiano, dúas das aportacións seguramente máis interesantes con respecto ao tema da biopolítica son a de Toni Negri e Michael Hardt, por unha banda, e a de Paolo Virno por outra. É fundamental distinguir os puntos de ancoraxe de ámbalas dúas para poder ver polo miúdo onde se achegan e onde se separan. O que farei, pois, é citar algunha cousa que se di na monografía sobre Negri de Proxecto Derriba… Penso que así veremos máis claramente como en Negri a biopolítica vén asumida dende o concepto de Subsunción real da sociedade no capital, que el analiza polo miúdo especialmente en Fabbriche del sogetto (Livorno, XXI Secolo Bimestrale di politica e cultura, núm. 1, setembro-outubro 1987). Sen ter isto en conta é posíbel que non se entenda. Por outra banda, a biopolítica –como o mesmo capital– vése desde a óptica marxiana de pensar o capitalismo ao mesmo tempo como positivo e negativo, como o causante da denigración e da alienación que se vive, pero, á vez, como aquilo que permite unha dinámica emancipadora: «todo nun mesmo concepto». Negri pon o til en certa concepción que difire, ao seu modo de ver, co acontecemento deleuziano mais comparte con el a asunción da novidade e o curtocircuíto que esta leva consigo.

Ler o resto desta entrada »