Laboratorio Invisibel

Archive for the ‘Laboratorio’ Category

man_hauser, máquina de guerra

Non entendo a teoría como algo oposto a práctica; antes ben, coido que é a teoría, no fondo, e na súa concepción máis fina e precisa, iso si, a forma sublime de práctica; aquela práctica na que non queda nada fóra, na que non hai algo EXTERIOR que se aplica no acto, senón que o mesmo acto é todo POTENCIA, non segue ningún método a priori, senón que o método se explícita ao tempo que se desenvolve.

Con todo, isto non implica que previamente non se dean separadas as dúas cousas: teoría & práctica. Non implica que poidamos comezar, xa desde un principio, desde unha unificación da TEORÍA & PRÁCTICA. Senón que isto mesmo, o tender a esta unificación é una laboura e un cuestionamiento, case unha INCAPACIDADE que nos ten que posuir, acechar, aterrar, sobrecoller. Quizais ese sexa o previo TEÓRICO.

Ler o resto desta entrada »

Se ben JUNG estudiou o inconsciente alén de Freud, non como formas de culpabilidade, nin enfermidade, etc. Senón como inconsciente colectivo e incluso, en grande medida productivo, manifestado en soños, mitos, relixións, etc. Non desatou verdadeiramente a potencia deste inconsciente e non terminou de soltalo das garras racionalizadoras do consciente sometendo igualmente o par (consciente/inconsciente) a un dos extremos, estructurando e coartando por tanto a capacidade productiva do desexo, limitándoa as manifestacións habidas como simboloxía, linguaxe xa dada, etc. Ler o resto desta entrada »

Despois de 3 meses de funcionar a modo brainstorming, a pesar do que xa temos avanzado, semella oportuno continuar así, deste xeito, por un tempo. Agora ben, hai temas que pouco se trataron, un deles é o que o propio laboratorio significa. Deixo aquí un texto de P. Rabinow, escrito no 2006, no que presentaba as primeiras conclusións -digamos, o primeiro paso na formación- do Anthropology of the Contemporary Research Collaboratory. A pesar de que está enfocado cara a antropoloxía, penso que non será difícil extrapolar moitas das ideas as formas propias dos distintos campos que aquí estamos a transversalizar. O artigo completo pode descargarse aquí en pdf. A continuación resalto algunha das partes máis importantes.

Ler o resto desta entrada »