Laboratorio Invisibel

Archive for the ‘Creatividade’ Category

Se ben JUNG estudiou o inconsciente alén de Freud, non como formas de culpabilidade, nin enfermidade, etc. Senón como inconsciente colectivo e incluso, en grande medida productivo, manifestado en soños, mitos, relixións, etc. Non desatou verdadeiramente a potencia deste inconsciente e non terminou de soltalo das garras racionalizadoras do consciente sometendo igualmente o par (consciente/inconsciente) a un dos extremos, estructurando e coartando por tanto a capacidade productiva do desexo, limitándoa as manifestacións habidas como simboloxía, linguaxe xa dada, etc. Ler o resto desta entrada »

informe invisibel

Hola amigxs de la Invisíbel, os presento un breve texto que escribí como informe acerca de mis impresiones personales y conclusiones provisionales sobre la investigación cultura/espectáculo que andamos llevando por este laboratorio invisibel. Espero que nos sirva para avanzar en esta investig-acción. Muchos abrazos.

Ler o resto desta entrada »

Dream Book Cover

Inicio este “post” co fin de debatir conxuntamente a cuestión da imaxinación e o poder constituinte. (Máis sobre a imaxinación aquí). A cita a continuación está tomada do ensaio “On the Phenomenology of Giant Puppets” do antropólogo anarquista David Graeber. Este ensaio, posteriormente publicado en Possibilies, tenta respostar a seguinte pregunta: Por que a policía destrozou con tanta ira os xigantes de papier-mâché e outras experiencias carnavalescas do movemento alterglobalización norteamericano? Graeber atopa a resposta nos problemas que platexa o que chamará a “imaxinación constituinte”, concepto que é definido no medio de teorías de tipo postestructuralista e fenomenolóxico, e que o leva a defender o que chama “realismo crítico” (a realidade como algo que nunca se pode coñecer completamente, dado que imaxinación e realidade son os dous reversos dun mesmo proceso).

A ilustración que acompaña esta entrada é do libro Constituent Imagination, que pode descargarse en PDF aquí.

Ler o resto desta entrada »

“Ten alguén a finais do século XIX, unha idea clara acerca do que os poetas de épocas importantes chamaron inspiración? En caso contrario, quero describilo. -Co mínimo residuo de superstición, de feito, case non se podería prescindir da idea de ser mera encarnación, mero instrumento vocal, simple medio, de forzas poderosísimas. O concepto de revelación, no sentido de que de súpeto con inefável seguridade e sagacidade, algo se fai manifesto, faise perceptível, algo que no máis fondo sacude e transtorna, descrebe sinxelamente o estado das cousas. Escóitase, non se procura; tómase, non se pregunta quén dá; un pensamento resplandece como un lóstrego, con necesidade, sen vacilación na forma -eu xamáis tiven elección…” Nietzsche, Ecce homo, 142.