Archive for the ‘activismo’ Category
FEIRA IMAXIN4RIA
Posted Xullo 19, 2011
on:- In: activismo | Biopoder | Cultura | Espectáculo | Imagem
- Deixar un comentario
Feira Imaxin4ria Contempor4nea é un proxecto biopolítico de autoxestión que se empraza desterritorializadamente e dunha forma nómade para pór en cuestións as condicións e dinámicas da produción cultural contemporánea. Feira Imaxin4ria ten en grande medida, un afán de potlach, de situarse no anti-produtivo, ou polo menos surcalo. Non podemos deixar de mirar o colapso do sistema de produción capitalista, a súa máquina esgotadora de recursos, mentes e almas e un horizonte de decrecemento case xa insubstituíbel. Frente a aquilo que se procduce, se toca, compra, consume… Feira Imaxin4ria ainda non sabemos moi ben se pasou / non pasou, devecemos polo seu potencial imaxinario. Agardamos o 2012. Máis info.
UNIVERSIDADE INVISÍBEL: “A construción do movemento esixe moito máis que a mera produción de saberes”. | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() Falamos con José Ángel Brandariz e Xulio Ferreiro, membros da Universidade Invisíbel, sobre o papel da universidade hoxe en día e sobre o que pode aportar un experimento como o da Universidade Invisíbel, que se move entre o movemento social militante e a institución académica universitaria. Proxecto Derriba: Que é a Universidade Invisíbel e que relación ten coa institución universitaria? Universidade Invisíbel: A Universidade Invisíbel é un experimento que intenta interrelacionar cando menos dous conxuntos de cousas diversos. Por unha parte, intenta interrelacionar experiencias de activismo político en sentido máis clásico ou estrito con produción teórica e discursiva dende fóra, pero tamén cara a dentro, da institución universitaria. Polo tanto, aí interrelaciona este ámbito que se supón que sería un tanto alleo como valorización da produción teórica dentro dun ámbito académico, xunto co decantamento de análises e de retóricas que veñen das loitas concretas. Por outra parte, intenta facer unha ensamblaxe ou poñer a dialogar realidades de traballo que non son homoxéneas, é dicir, realidades de persoas que intentan traballar dentro da universidade, máis ou menos no seu centro ou máis ou menos nos seus bordes, con realidades doutras persoas que fan investigación, pero non a fan dende un ámbito universitario, e que valorizan esa investigación tamén en tarefas distintas, con producións teóricas de ámbitos xa completamente alleos á institución académica como poden ser ámbitos artísticos -e isto era quizais máis a primeira intención, que despois seguramente foi a menos ben sucedida-. Esta sería quizais a definición un pouco máis ancha das pretensións da Universidade Invisíbel. Quizais, descrito de forma moi concreta, sería a forma de pensar que se poidan producir círculos virtuosos entre transformación social, activismo social, activismo político, produción teórica e retroalimentación dunha cousa e da outra. |
O pensamento que vén
Posted Maio 6, 2011
on:“Proxecto Derriba, Universidade Invisíbel, Axóuxere, ou Universidade Cromática das Virtudes, Ergosfera, Alg-a, ou Teatro Resoante son só algúns dos nomes do que semella unha tendencia crecente. Horizontalidade, pensamento crítico, pluralidade, busca de espazos alternativos, traballo en rede e colaboración entre colectivos son algunhas das marcas que se poderían aplicar a estes movementos, que abordan desde a filosofía á pedagoxía, a arte ou a arquitectura. No entanto, definilos claramente ou explicar por qué están aquí non é tan sinxelo” en culturagalega.org. Máis info.
nomadismo & metrópole (notas)
Posted Xaneiro 21, 2011
on:- In: activismo | Biopoder | Laboratorio
- 2 Comments
Non entendo a teoría como algo oposto a práctica; antes ben, coido que é a teoría, no fondo, e na súa concepción máis fina e precisa, iso si, a forma sublime de práctica; aquela práctica na que non queda nada fóra, na que non hai algo EXTERIOR que se aplica no acto, senón que o mesmo acto é todo POTENCIA, non segue ningún método a priori, senón que o método se explícita ao tempo que se desenvolve.
Con todo, isto non implica que previamente non se dean separadas as dúas cousas: teoría & práctica. Non implica que poidamos comezar, xa desde un principio, desde unha unificación da TEORÍA & PRÁCTICA. Senón que isto mesmo, o tender a esta unificación é una laboura e un cuestionamiento, case unha INCAPACIDADE que nos ten que posuir, acechar, aterrar, sobrecoller. Quizais ese sexa o previo TEÓRICO.
- In: activismo | Biopoder | Cultura | Cultura pop | Deleuze | Espectáculo | Imagem | Nietzsche | Texto
- 8 Comments
El nacimiento de la tragedia tras el espíritu de la posmodernidad
Antropología estético-política (y gonzo) a partir de un festival folk
Nota introductoria
Por ser grandilocuente, en ocasiones los humanos(tm) tienen la posibilidad de vivir en un tiempo en que lo histórico y lo eterno se pliegan. En ocasiones participamos de aquello a lo que podemos llamar una “orgía”: ditirambos de dionisios. Un espacio donde todo aquello que parecía oculto, velado, incluso enterrado para siempre emerge con una fuerza estremecedora capaz de abrumarnos y disolvernos. No hace falta ser un metafísico para darse cuenta de ello, simplemente es una cuestión de adn y circuitos neuronales (para los positivistas) o de historia y filum maquínico (para los postestructuralistas). Me gustaría hablar en este breve texto a partir de una de estas experiencias. Y mantendré el nombre de la experiencia analizada al margen, me escudo en una determinada política del anonimato. Estos espacios pueden estar aquí y allí -da igual-, pueden también tener motivos y causas muy diversas, en este texto en concreto se relaciona con un festival de música folk.
Advertencia y método
Estamos a la moda: “La filosofía de esta alta modernidad punk solo puede ser autoteoría, experimentación de sí, autopenetración, pornología” (Beatriz Preciado). Lo que el autor presenta a continuación tiene pocos visos de estudio sistemático, coherente y académico alrededor de un acontecimiento estético-antropológico. Más bien se relatan las reflexiones que dicho acontecimiento generó en el autor al tiempo que se buscan herramientas -¿antropología filosófica DIY? ¿ciencia nómada? ojalá. De ahí gran parte del término “gonzo”, un adjetivo que quiere forzar ciertos límites de la filosofía al igual que lo hizo en el terreno del periodismo. Para el posible lector puede que muchas de sus partes sean simplemente carentes de interés, el autor sugiere que este lector salte directamente dichas partes. Para facilitar esta lectura indicamos que el ensayo se divide en tres grandes bloques y un anexo: 1. Relato-teoría acerca del “fin de una civilización” en un conflicto que enfrenta a Imperio y bárbaros. 2. “Estudio” sobre el MDMA. 3. Apuntes sobre la diferencia y la repetición, también sobre la música con una conclusión precipitada hacia el eterno retorno. ANEXO I. Notas sobre la doctrina (y el discurso) de guerra imperial.
Rosendo González Núñez
rosendo.gonzalez.nunez[arroba]gmail.com
La Mancha-Finisterrae. Verano de 2010. Versión 1.1 para su publicación.
Disponible en .pdf en:
El nacimiento de la tragedia tras el espíritu de la posmodernidad
- In: activismo | Cultura
- 3 Comments
[apuntes en construcción: nova actualización: 6 maio 2010]
DISPOSITIVO
No seu texto sobre os dispositivos, Agamben desenvolve uns temas, e dunha maneira, que verdadeiramente, remove os cimentos da nosa civilización e cultura, como coido, hai tempo non se fixera, e quizais ainda non se fixo. Non é que o texto sexa demasiado grandilocuente, como tamén me parece que é máis o que evoca a través del e cómo se relaciona co resto do seu pensamento, que exactamente o que di o texto por si. Sen embargo, o texto por pequeno que sexa, di moito, e vai ademais a unha cuestión cada vez máis crucial nas nosas vidas (con todo o que quere dicir este termo para Agamben…). Me refiro a relación entre ser-economía; e a súa vez, o modo en que ésta nos é negada na sociedade actual capitalista.
I Feira Imaxinaria Contemporánea
Posted Xaneiro 28, 2010
on:- In: activismo | Cultura | Espectáculo
- 7 Comments
A continuación o texto que estamos empregando de base para coordinar a Feira Imaxinaria que como sabedes estamos a co-organizar, co-ordinar con alg-a. O texto está xa subido a un tiddly-wiki aquí, que pretende funcionar como espacio para debater e pór sobre a mesa as propostas e enfoques. Do mesmo modo, este blogue, o propio Laboratorio Invisíbel está en íntima relación co que se desenvolverá na Feira (presumiblemente…). As cuestións teoría – espectáculo, o tránsito dela a través da biopolítica, a mediación da imaxe e da tecnoloxía, quizais como elemento clave da reterritorialización… Deixo o texto:
- In: activismo | Cultura | Texto
- Deixar un comentario
A intervención de Marcelo Expósito en Coruña, deixa na miña opinión, varias cousas no aire, e varias cousas por plantexar, que dalgún modo quixera aquí reflexar, para cuestionar tamén certos aspectos e dinámicas, que se dan no noso entorno e na nosa universdade, e de cara, cómo non, a facer tamén unha serie de propostas ao respeito.
- In: activismo | Deleuze
- 14 Comments
Nas liñas que seguen se debatirá a influente conceptualización dos nómadas feita por Deleuze e Guattari, contrastándoa con aportacións etnográficas, e levando o problema ao terreo político dos movementos sociais.
- In: activismo | Pedagoxia
- 7 Comments
O que hai que definir, que precisar, é un eixo atlántico. Un eixo nómade; un fluxo, dende galizia a portugal; do norte ao sur; e do sur ao norte.
En que consistiría este eixo? Nunha sorte de escola ambulante, de universidade nómade, de laboratorio experimental en funcionamento.
Efectivamente; sería un laboratorio experimental, ainda que se cadra, os laboratorios experimentais estarían tamén situados, territorializados, espacio-temporalmente ubicados, nalgún lugar, en varios lugares.
Comentarios recentes