Laboratorio Invisibel

Arquivo do autor

texto de Paco Inclán para súa residéncia en Alg-a Lab

Revalorizar obxectos persoais -biográficos, memorísticos, familiares- dos veciños e veciñas da parróquia de Valladares foi a interface para me adentrar na memória psicoxeográfica da parróquia. O principal valor expositivo dos obxectos que eiqui se amosan está no inseparábel fío condutor que os vencella ás persoas que os emprestaron para esta mostra. Os obxectos -subxectivizados pola história que transmiten- son un apéndice dos suxeitos, un xeito de me achegar -digamos superficialmente- á idiosincrásia do lugar através das súas xentes.

Ler o resto desta entrada »

Advertisements

Feira Imaxin4ria Contempor4nea é un proxecto biopolítico de autoxestión que se empraza desterritorializadamente e dunha forma nómade para pór en cuestións as condicións e dinámicas da produción cultural contemporánea. Feira Imaxin4ria ten en grande medida, un afán de potlach, de situarse no anti-produtivo, ou polo menos surcalo. Non podemos deixar de mirar o colapso do sistema de produción capitalista, a súa máquina esgotadora de recursos, mentes e almas e un horizonte de decrecemento case xa insubstituíbel. Frente a aquilo que se procduce, se toca, compra, consume… Feira Imaxin4ria ainda non sabemos moi ben se pasou / non pasou, devecemos polo seu potencial imaxinario. Agardamos o 2012. Máis info.

“Proxecto Derriba, Universidade Invisíbel, Axóuxere, ou Universidade Cromática das Virtudes, Ergosfera, Alg-a, ou Teatro Resoante son só algúns dos nomes do que semella unha tendencia crecente. Horizontalidade, pensamento crítico, pluralidade, busca de espazos alternativos, traballo en rede e colaboración entre colectivos son algunhas das marcas que se poderían aplicar a estes movementos, que abordan desde a filosofía á pedagoxía, a arte ou a arquitectura. No entanto, definilos claramente ou explicar por qué están aquí non é tan sinxelo” en culturagalega.org. Máis info.


man_hauser, máquina de guerra

Non entendo a teoría como algo oposto a práctica; antes ben, coido que é a teoría, no fondo, e na súa concepción máis fina e precisa, iso si, a forma sublime de práctica; aquela práctica na que non queda nada fóra, na que non hai algo EXTERIOR que se aplica no acto, senón que o mesmo acto é todo POTENCIA, non segue ningún método a priori, senón que o método se explícita ao tempo que se desenvolve.

Con todo, isto non implica que previamente non se dean separadas as dúas cousas: teoría & práctica. Non implica que poidamos comezar, xa desde un principio, desde unha unificación da TEORÍA & PRÁCTICA. Senón que isto mesmo, o tender a esta unificación é una laboura e un cuestionamiento, case unha INCAPACIDADE que nos ten que posuir, acechar, aterrar, sobrecoller. Quizais ese sexa o previo TEÓRICO.

Ler o resto desta entrada »

Se ben JUNG estudiou o inconsciente alén de Freud, non como formas de culpabilidade, nin enfermidade, etc. Senón como inconsciente colectivo e incluso, en grande medida productivo, manifestado en soños, mitos, relixións, etc. Non desatou verdadeiramente a potencia deste inconsciente e non terminou de soltalo das garras racionalizadoras do consciente sometendo igualmente o par (consciente/inconsciente) a un dos extremos, estructurando e coartando por tanto a capacidade productiva do desexo, limitándoa as manifestacións habidas como simboloxía, linguaxe xa dada, etc. Ler o resto desta entrada »

El ESPECTÁCULO os obliga a que habléis; el BIOPODER os obliga a que viváis” TIQQUN, teoría del Bloom.

[extraído del taller Cartografías inciertas: diálogos del cuerpo con la memoria y lo inmediato impartido por Ana Buitrago en el Encuentro de Artes Escénicas de Muxia 2010].

Mirar y ser mirado. Esa es la “dialéctica” fundamental del poder. Donde ejerce su capacidad y su fuerza. Donde se fragua su efectividad. En qué medida somos capaces de mirar y ser mirados? En qué medida miramos y nos dejamos ver? Con qué complejos? Con qué sencillos? Pues muchas veces esa complejidad pasa, se soluciona, se resuelve en una simplificación de la misma. En un devenir-sencillo del acto y la trama, el entretejido relacional, que se juega en las miradas y sus personajes, las supuestas identidades y roles que las portan.

Ler o resto desta entrada »

A cuestión kantiana da antropoloxía, a súa cuarta pregunta, a que sintetiza e subsume tódalas demais: “que é o ser humano?”; supón segundo Foucault un cambio de paradigma na filosofía e na cultura occidental (ver vídeo-entrevista de Badiou). Pasamos dun paradigma que pensa a infinitude (o Ser, a Deus…) a un paradigma que parte da finitude como condicionamento, que parte do previo, do apriori e da súa estructura trascendental.

Ler o resto desta entrada »