Laboratorio Invisibel

Arquivo do autor

UNIVERSIDADE INVISÍBEL: “A construción do movemento esixe moito máis que a mera produción de saberes”. PDF Print E-mail
Conversa con …

Falamos con José Ángel Brandariz e Xulio Ferreiro, membros da Universidade Invisíbel, sobre o papel da universidade hoxe en día e sobre o que pode aportar un experimento como o da Universidade Invisíbel, que se move entre o movemento social militante e a institución académica universitaria.

Proxecto Derriba: Que é a Universidade Invisíbel e que relación ten coa institución universitaria?

Universidade Invisíbel: A Universidade Invisíbel é un experimento que intenta interrelacionar cando menos dous conxuntos de cousas diversos. Por unha parte, intenta interrelacionar experiencias de activismo político en sentido máis clásico ou estrito con produción teórica e discursiva dende fóra, pero tamén cara a dentro, da institución universitaria. Polo tanto, aí interrelaciona este ámbito que se supón que sería un tanto alleo como valorización da produción teórica dentro dun ámbito académico, xunto co decantamento de análises e de retóricas que veñen das loitas concretas. Por outra parte, intenta facer unha ensamblaxe ou poñer a dialogar realidades de traballo que non son homoxéneas, é dicir, realidades de persoas que intentan traballar dentro da universidade, máis ou menos no seu centro ou máis ou menos nos seus bordes, con realidades doutras persoas que fan investigación, pero non a fan dende un ámbito universitario, e que valorizan esa investigación tamén en tarefas distintas, con producións teóricas de ámbitos xa completamente alleos á institución académica como poden ser ámbitos artísticos -e isto era quizais máis a primeira intención, que despois seguramente foi a menos ben sucedida-. Esta sería quizais a definición un pouco máis ancha das pretensións da Universidade Invisíbel. Quizais, descrito de forma moi concreta, sería a forma de pensar que se poidan producir círculos virtuosos entre transformación social, activismo social, activismo político, produción teórica e retroalimentación dunha cousa e da outra.

Ler o resto desta entrada »

Advertisements

Commonwealth

No seu último libro, Commonwealth, Negri e Hardt adícanlle largos pasaxes á cuestión do biopoder. No fragmento que reproduzo a continuación, organizan un esquema tipolóxico das distintas aproximacións contemporáneas a esta temática (Agamben, Ewald, Espósito, Sloterdijk, etc.). Tras descartar este conxunto de perspectivas, defenden a posición propia contestando implícitamente a algunha das críticas que lles veñen facendo. Este pequeño fragmento pode ser de interés para o debate. Embora, o primeiro que habería que facer é tomarse en serio todo o que Negri e Hardt despachan de modo tan rápido ou reducen e levan á abstración.

Ler o resto desta entrada »

Escrito por Abrahám Rubín.

Dentro do contexto italiano, dúas das aportacións seguramente máis interesantes con respecto ao tema da biopolítica son a de Toni Negri e Michael Hardt, por unha banda, e a de Paolo Virno por outra. É fundamental distinguir os puntos de ancoraxe de ámbalas dúas para poder ver polo miúdo onde se achegan e onde se separan. O que farei, pois, é citar algunha cousa que se di na monografía sobre Negri de Proxecto Derriba… Penso que así veremos máis claramente como en Negri a biopolítica vén asumida dende o concepto de Subsunción real da sociedade no capital, que el analiza polo miúdo especialmente en Fabbriche del sogetto (Livorno, XXI Secolo Bimestrale di politica e cultura, núm. 1, setembro-outubro 1987). Sen ter isto en conta é posíbel que non se entenda. Por outra banda, a biopolítica –como o mesmo capital– vése desde a óptica marxiana de pensar o capitalismo ao mesmo tempo como positivo e negativo, como o causante da denigración e da alienación que se vive, pero, á vez, como aquilo que permite unha dinámica emancipadora: «todo nun mesmo concepto». Negri pon o til en certa concepción que difire, ao seu modo de ver, co acontecemento deleuziano mais comparte con el a asunción da novidade e o curtocircuíto que esta leva consigo.

Ler o resto desta entrada »

No ano 1976, no primeiro volume da súa Historia da sexualidad (A vontade de saber) e o curso Ha que defender a sociedade, Michel Foucault definiu o biopoder partindo das xenealoxías do sexo, o racismo e a loita de clases. O biopoder é, en certo sentido, unha inversión da lóxica dun tipo de poder cronolóxicamente anterior: o poder soberano. O poder soberano enúnciase así: “facer morrer, deixar vivir”. O biopoder defínese por un “facer vivir, deixar morrer”.  Nos textos do 1976, Foucault define o biopoder como unha vertebración de dúas series: unha anatomopolítica dos corpos de tipo disciplinario e unha biopolítica das poboacións, concepto este último, que aparece a finais do XVIII/inicios do XIX nos discursos científicos, nas políticas administrativas, etc.

A continuación se engaden unha serie de citas.

Ler o resto desta entrada »

Selle Stercoraria

Este é o terceiro post dunha serie onde se están a discutir as distintas concepcións do bipoder desenroladas por varios autores. En “Biopoder 1” debatimos os plantexamentos recentes de  Paul Rabinow (ver aquí). En “Biopoder 2”, a última definición do proxecto foucaultiano, autor que acuñou o concepto (ver aquí). Agora, en “Biopoder 3”, porase en relación a aportación de Dominique Laporte co último libro de Giorgio Agamben.

Ler o resto desta entrada »

Ghilzai nomads in Afghanistan

Nas liñas que seguen se debatirá a influente conceptualización dos nómadas feita por Deleuze e Guattari, contrastándoa con aportacións etnográficas, e levando o problema ao terreo político dos movementos sociais.

Ler o resto desta entrada »

Despois de 3 meses de funcionar a modo brainstorming, a pesar do que xa temos avanzado, semella oportuno continuar así, deste xeito, por un tempo. Agora ben, hai temas que pouco se trataron, un deles é o que o propio laboratorio significa. Deixo aquí un texto de P. Rabinow, escrito no 2006, no que presentaba as primeiras conclusións -digamos, o primeiro paso na formación- do Anthropology of the Contemporary Research Collaboratory. A pesar de que está enfocado cara a antropoloxía, penso que non será difícil extrapolar moitas das ideas as formas propias dos distintos campos que aquí estamos a transversalizar. O artigo completo pode descargarse aquí en pdf. A continuación resalto algunha das partes máis importantes.

Ler o resto desta entrada »