Laboratorio Invisibel

Archive for Xullo 2011

Feira Imaxin4ria Contempor4nea é un proxecto biopolítico de autoxestión que se empraza desterritorializadamente e dunha forma nómade para pór en cuestións as condicións e dinámicas da produción cultural contemporánea. Feira Imaxin4ria ten en grande medida, un afán de potlach, de situarse no anti-produtivo, ou polo menos surcalo. Non podemos deixar de mirar o colapso do sistema de produción capitalista, a súa máquina esgotadora de recursos, mentes e almas e un horizonte de decrecemento case xa insubstituíbel. Frente a aquilo que se procduce, se toca, compra, consume… Feira Imaxin4ria ainda non sabemos moi ben se pasou / non pasou, devecemos polo seu potencial imaxinario. Agardamos o 2012. Máis info.