Laboratorio Invisibel

Archive for Xuño 2011

UNIVERSIDADE INVISÍBEL: “A construción do movemento esixe moito máis que a mera produción de saberes”. PDF Print E-mail
Conversa con …

Falamos con José Ángel Brandariz e Xulio Ferreiro, membros da Universidade Invisíbel, sobre o papel da universidade hoxe en día e sobre o que pode aportar un experimento como o da Universidade Invisíbel, que se move entre o movemento social militante e a institución académica universitaria.

Proxecto Derriba: Que é a Universidade Invisíbel e que relación ten coa institución universitaria?

Universidade Invisíbel: A Universidade Invisíbel é un experimento que intenta interrelacionar cando menos dous conxuntos de cousas diversos. Por unha parte, intenta interrelacionar experiencias de activismo político en sentido máis clásico ou estrito con produción teórica e discursiva dende fóra, pero tamén cara a dentro, da institución universitaria. Polo tanto, aí interrelaciona este ámbito que se supón que sería un tanto alleo como valorización da produción teórica dentro dun ámbito académico, xunto co decantamento de análises e de retóricas que veñen das loitas concretas. Por outra parte, intenta facer unha ensamblaxe ou poñer a dialogar realidades de traballo que non son homoxéneas, é dicir, realidades de persoas que intentan traballar dentro da universidade, máis ou menos no seu centro ou máis ou menos nos seus bordes, con realidades doutras persoas que fan investigación, pero non a fan dende un ámbito universitario, e que valorizan esa investigación tamén en tarefas distintas, con producións teóricas de ámbitos xa completamente alleos á institución académica como poden ser ámbitos artísticos -e isto era quizais máis a primeira intención, que despois seguramente foi a menos ben sucedida-. Esta sería quizais a definición un pouco máis ancha das pretensións da Universidade Invisíbel. Quizais, descrito de forma moi concreta, sería a forma de pensar que se poidan producir círculos virtuosos entre transformación social, activismo social, activismo político, produción teórica e retroalimentación dunha cousa e da outra.

Ler o resto desta entrada »