Laboratorio Invisibel

a sacerdotisa

Posted on: Xuño 5, 2010

Unha imaxe sen-imaxe. Un pensamento sen imaxe. Ou ben: unha imaxe que faga entrar en crise as nosas imaxes que funcionan representativamente. Ilustrativamente. Que aseguran e territorializan o noso pensamento. Precisamente; a segunda carta: a carta da SACERDOTISA.

A Sacerdotisa expresa o INCONSCIENTE, o sutil e invisíbel, pero ao mesmo tempo, aquela peza clave, o desenvolvemento, o comezo do movememto, o proceso, que nos fai saír, fuxir do UN, e diferenciar. A necesidade da sabedoría, dos textos, d@s expert@s… no mundo do profundo? no mundo do oculto? (é posíbel diferenciar sen ser na superficie?).

Agggh! Con que impronta se nos presentan hoxe en día as imaxes do noso suposto inconsciente colectivo! A sexualiade, a eroticidade, a pornografía incluso; como aparato público de expresión (e de captura!). O fondo ascende á superficie. Mais como imaxe fixa, estereotipo. Cuan libidinais son as nosas sociedades de consumo! Como cargan a tensión sexual e evocan continuamente a súa descarga!

A imaxe da sacerdotisa debería ser todo o contrario (contención!) ao que aparece na publicidade e na pantalla dos mass-media. Debería ser máis unha imaxe sen imaxe. (Unha invisibilidade). Mais é o ESPECTÁCULO como poder soberano do Imperio de Consumo que nos obriga a cifrar esta superficie. A facer superficial, referencial, territorializado, representativo… o inconsciente. Un Imperio que nos trae o (suposto) inconsciente á superficie, e por iso… o capitalismo se territorializa (paradoxicamente) no desterritorializado, e produce polo tanto ESQUIZOFRENIA; baséase neste axenciamento do in-axenciábel… (do pulo, do que tiña que ser contido, potencia! que tampouco reprimido…).

Que nos indica a segunda carta? temos que saír do UN. Implica certa decisión indecidíbel. O paradoxo do DOUS é precisamente a decisión: pois é tamén o proceso. [O dous indica un movemento moi relativo e conflictivo con respecto ao UN, pois as veces semella que é un non-moverse, un permancer…]. A fuxida ao INTERIOR da situación (tiqqun). Á situación como interioridade na que residir, na que resguardarse: do Imperio da superficie no ESPECTÁCULO. O dous é o proceso, o avanzar agardando, a desterritorialización que xa está acontecendo; ou mellor: ver ónde xa está acontecendo a desterritorialización sen necesidade de acudir a unha nova imaxe externa… no que xa é EXTERIORIDADE. Pois estamos rodeados dela. Sempre ao noso redor, hai exterior, hai inconsciente, hai cousas coas que non contamos, hai lugares, moi pretos a nós, moi pretos ao(s) noso(s) aquí e agora, nos que sen embargo, NON ESTAMOS. Lugares que non conseguimos habitar. Arquitecturas invisíbeis. A sacerdotisa é esa arquitectura, ese espacio inmediato, que por tan preto de nós, pasa desapercibido. É o desenvolvemento e a apertura estructural do invisíbel e do sutil; a 4ª pata da mesa na carta do Mago. Esa pata que falta, que non está, que a compón o propio mago, que o in-diferencia da terra e do plan(o) sobre o que se ergue; a pata a dimensión invisíbel que carga a inmanencia.

La Sacerdotisa es el simbolo del inconsciente, y contiene los secretos del reino.

Si El Mago representa el poder masculino, se puede decir que La Sacerdotisa es su equivalente femenino que equilibra las fuerzas de este. La mujer en determinadas culturas es aun un misterio y esta carta representa este misterio.
Con esta carta se pretende llegar a lo oculto, y desprenderse de la superficialidad.

Tambien puede indicar que algunos de los objetivos pueden llegar a la vida del consultante casi sin esperarlos, como de forma improvisada, sobre todo si se trata de objetivos a nivel amoroso.

Tambien puede indicar que es muy valido confiar en la intuicion y que la persona consultante puede llegar a tener sueños revelatorios.

Es una carta que, derecha, indica sabiduria, conocimiento, intuicion resolutiva, memoria, inspiracion, mucha riqueza de ideales.

La persona puede tener amigos pero ser algo arisca en sus demostraciones afectivas. Si aparece invertida puede significar falta de incentivos, pasividad, retraso en las cosas porque falta la iniciativa.

Las palabras clave relacionadas con La Sacerdotisa son: sabiduria, subconsciente, intuicion, lo femenino, las leyes del Universo.

Perseverancia y sabiduria unidas daran el resultado apetecido.

Nos avisa de que para logar lo que pretendemos deberemos de ser constantes y actuar con mucha cautela y sabiduria“.

Advertisements

5 Respostas to "a sacerdotisa"

Unha bibliografía para esta carta podería ser:

-a escatoloxía de Slavov Zizek na medida en que tratamos cun imaxinario “fraudulento”, ou ben en qué medida se perverte ata tal punto a recreación libidinal que remata por non estimular, fantasear, por sera mera copia, resorte, dun sistema de produción cultural en serie.

-a farmacopornografía, de PRECIADO; por motivos evidentes

-o texto da IRA de Sloterdijk, na medida na quen alude a un imperio do erotismo e da suavización dunha vontade de afirmación que é a ira no desenvolvemento da historia occidental.

Hola Manu,

Quería -fundamentalmente- animarte a que sigas con este esquizoanalisis.

Te recomendaría para un acercamiento más arqueológico (que creo puede ser bien interesante), además de por ser un buen material de consulta para genealogía ocultistas, “Historia de la filosofía oculta” (Alexandrian -un surrealista por cierto-, Valdemar: 2003). Filosofos/Magos renacentistas a cascoporro o_0. Este lo tengo, por si quieres consultarlo te lo rulo sin problema.

Intentaré sumarme al esquizoanálisis!

Pd: Voy a tener que pillar el de la ira de Sloterdijk….

Amigo Man,

Moi ben, unha búsqueda dende o ámbito simbólico do inconsciente. Lacan ten feito unha análise moi interesante a certos aspectos simbólico-gráficos da nosa psique non visible, dos aspectos máis recónditos dela.

Unha perspectiva contraria e moi (sumamente) interesante é a que propón Carl Gustav Jung. Acerca do tema do Tarot, que é realmente interesante, por ver as correlaccións deses arcanos-símbolo na nosa configuración interna, recoméndoche este libriño (libraco, máis ben): Jung y el Tarot: un Viaje Arquetípico de Salle Nichols. Analisa os arquetipos á luz dunha cosmovisión interna, da psicoloxía profunda.

Ben… Continúa.

olá amigos!
gracias por estes comentarios e ánimos! a ver se me podo facer cos textos. Rosendo, falamos e se podes mo achegas, ok? APERTAS! tratarei de respostar a algunhas cuestións no seguinte POST: ESQUIZOANÁLISE LAB.

[…] foi que se intentou comezar xa nos dous post sobre o TAROT: o imaxinario e a sacerdotisa. Agora cómpre seguir esa análise e mellor ainda, ver como se integra en todo un espazo e un […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: