Archive for Maio 2010
imaxinario
Posted Maio 26, 2010
on:- In: Espectáculo | Imagem | Teatro
- 1 Comment
A carta do mago enuncia “o comenzo, e inicio dunha etapa. Está conectado co infinito, na mesa posúe os catro elementos, e coa varita na súa man os transforma, ou sexa é o poder para trasformar os elementos que posuímos nós. Á mesa fáltalle unha pata, elo amosa o sutil do mago, xa que nós vivimos en tres dimensións pero non logramos ver a cuarta dimension, ésta está oculta. O Mago, somos nós cos pés na terra e a cabeza conectada co infinito. Representa: axilidade mental, transmutación, capacidade de transformar os elementos segundo a nosa necesidade. A clave do mago é: Inicio e transformación. Está rexido polo planeta Mercurio“. Agora ben, podemos pensar cómo se exerce este dispositivo. Dicir e ver. Ver e dicir. Cabe unha hermenéutica deste dispositivo? Ou ben a hermenéutica mesma crea de por si un novo dispositivo, transforma os mecanismos de enunciación e os abre a novos campos, territorios, escenas ainda por pensar?
Comentarios recentes