Laboratorio Invisibel

Archive for Febreiro 2010

Escrito por Abrahám Rubín.

Dentro do contexto italiano, dúas das aportacións seguramente máis interesantes con respecto ao tema da biopolítica son a de Toni Negri e Michael Hardt, por unha banda, e a de Paolo Virno por outra. É fundamental distinguir os puntos de ancoraxe de ámbalas dúas para poder ver polo miúdo onde se achegan e onde se separan. O que farei, pois, é citar algunha cousa que se di na monografía sobre Negri de Proxecto Derriba… Penso que así veremos máis claramente como en Negri a biopolítica vén asumida dende o concepto de Subsunción real da sociedade no capital, que el analiza polo miúdo especialmente en Fabbriche del sogetto (Livorno, XXI Secolo Bimestrale di politica e cultura, núm. 1, setembro-outubro 1987). Sen ter isto en conta é posíbel que non se entenda. Por outra banda, a biopolítica –como o mesmo capital– vése desde a óptica marxiana de pensar o capitalismo ao mesmo tempo como positivo e negativo, como o causante da denigración e da alienación que se vive, pero, á vez, como aquilo que permite unha dinámica emancipadora: «todo nun mesmo concepto». Negri pon o til en certa concepción que difire, ao seu modo de ver, co acontecemento deleuziano mais comparte con el a asunción da novidade e o curtocircuíto que esta leva consigo.

Ler o resto desta entrada »

Advertisements

No ano 1976, no primeiro volume da súa Historia da sexualidad (A vontade de saber) e o curso Ha que defender a sociedade, Michel Foucault definiu o biopoder partindo das xenealoxías do sexo, o racismo e a loita de clases. O biopoder é, en certo sentido, unha inversión da lóxica dun tipo de poder cronolóxicamente anterior: o poder soberano. O poder soberano enúnciase así: “facer morrer, deixar vivir”. O biopoder defínese por un “facer vivir, deixar morrer”.  Nos textos do 1976, Foucault define o biopoder como unha vertebración de dúas series: unha anatomopolítica dos corpos de tipo disciplinario e unha biopolítica das poboacións, concepto este último, que aparece a finais do XVIII/inicios do XIX nos discursos científicos, nas políticas administrativas, etc.

A continuación se engaden unha serie de citas.

Ler o resto desta entrada »