Laboratorio Invisibel

Produción cultural – Produción nómade

Posted on: Xaneiro 20, 2010

A intervención de Marcelo Expósito en Coruña, deixa na miña opinión, varias cousas no aire, e varias cousas por plantexar, que dalgún modo quixera aquí reflexar, para cuestionar tamén certos aspectos e dinámicas, que se dan no noso entorno e na nosa universdade, e de cara, cómo non, a facer tamén unha serie de propostas ao respeito.

En verdade a cuestión non toca soamente a intervención de Marcelo Expósito, senón tamén outras varias que nos competen: os encontros en alg-a, o tema do imaginário, a cuestión da produción (cultural) na propia Invisíbel, o proxecto do Laboratorio, a Antropoloxía Imaxinaria.

O que nos viu dicir Marcelo, ou cousas coas que eu me quedei, eu as enfoco, por exemplo, a partir da pervivencia ou non do situacionismo. Así, a cuestión da relación Arte e Política, a súa articulación, a súa relación, imbricación… en qué medida o arte é político, e incluso, cómo a política non se pode artellar senón a través de mecanismos (artefactos) artísticos. E sen embargo, non todo queda, aquí: non pode quedar aquí. Non basta, dicían Deleuze-Guattari, reterritorializarse no arte, hai que empregar todas as súas forzas, invitablemente, mais a reterritorialización, propiamente, dase na vida, nas cuestións sociais, na democracia, no novo pobo por-vir, na comunidade nómade, no capitalismo…

O tema da produción cultural é un tema serio; moi serio. En seguida nos convertemos en parásitos culturais; case sen darnos conta, nos convertemos en contenedores que reteñen o fluxo capital, na súa xestión dos recursos, cando moitas veces a produción dase por si soa: ou incluso, xustamente ao marxe dos axentes que moitas veces as abanderan. Este é o senso, en grande medida, de propor Universidade Invisíbel; e incluso, quero pensar, en relación a Bolonia, Universidad Nómada. Non digamos xa espacios como Casa das Atochas, centros ocupados en xeral, ou centros sociais.

Pero non podemos esquecer: a guerra acontece en moitos frontes. E a loita, se ben sempre ten que ser armada, cambia de armas, pois cambia os campos de batalla, desterritorialízase continuamente e volve a aparecer: noutro ámbito, noutro contexto, con outra forma, noutro rostro, espectralmente, no dominio invisíbel… Por exemplo, a cuestión: estamos en guerra co Estado? Debemos opornos ao mesmo? Rexeitalo? Xunto con todas as súas institucións? Igualmente: debemos rexeitar ao capital, rexeitalo do mesmo modo? Excluir de nós tódalas súas dinámicas? Cada vez penso máis que estos posicionamentos tan radicais e ríxidos caracterian máis ben unha sorte de incapacidade, de fanatismo ideolóxico, de exclusividade cega que denotan ao cabo a procura forzada dunha identidade por parte do militante. Pois digo; non militamos nós, como individuos, persoas, etc. ningún movemento nin ningunha identidade. Penso máis ben: que existen máquinas, mecanismos, artefactos, existe a tecnoloxía, e son estas máquinas as que cómpre habitar e activar, son estas máquinas as que requiren as súas respectivas miltancias: e non os supostos grupos ou posicións políticas instaladas no ar ou no baleiro sen máis.

Cando comezamos entón a falar de máquinas e artefactos como detonadores políticos (vs. persoas, identidades e os seus pensamentos sen máis como efectivamente militantes) entramos entón no tema das artes, das creacións, das invencións… como formas tamén políticas de acción, resistencia, transformación. Non militamos as Ideas, sen máis; ou mellor: as ideas sérvennos para militar, ocupar, pilotar as nosas máquinas, as máquinas que creamos, que atopamos, das que dispoñemos.

O que nos viu ensinar Expósito foron precisamente iso: artefactos. A cuestión dun vídeo, o tratamento da imaxe, incluso o seu enfoque alén do documental, e a súa presencia acompañado o pack que se activa. Conferenciante e cinta. Dispositivo de enunciación. Bucle ou rizoma entre o que se ve e o que queda tras diso. Na sala. No seu silencio. O que nos dá que (e qué) pensar. A incapacidade para estar no filme (e por iso, a frustración (e nihilismo) inherente a todo filme de evasión) transfórmase aquí en capacidade (potencia) para repensar e reformular o que podemos facer nós na sala; isto é, no noso entorno, no aquí e agora, na fina espesura que caracteriza este noso por-vir inmediato.

Segundo Expósito os seus traballos son un esforzo por recuperar, ou non facer perder, certa característica da memoria. Nas charlas dixo algo así como: “non sei se serei demasiado optimista, mais me parece que Arxentina é xa un país que non vai poder esquecer”. I eu me pregunto: é iso optimismo? é iso un don? Non pode ser a memoria unha condena? Como a do Funes de Borges? Non esixe, e máis ainda ao plantexalo como irreversíbel, o proceso do recordo un esforzo constante, unha renovación constante, unha inmediatez constante co que aparece, xorde, acontece? E por aquí se abre, como unha grieta fatal, o abismo diferencial, do presente atemporal que non pensa: no fondo (e na fondura), no orixinal, sen pensar ao mesmo tempo no fraude, no simulacro, na farsa, no engano, na mentira. No imaginário. Todo elo como productivo tamén.

Ensaios sobre unha nova Imaxinación política. Titulou Expósito os seus traballos audiovisuais. E para min resalta sobre todo: a forma audiovisual do ensaio: da escritura. Escribir audiovisualmente; porque non? Escribir non xa con palabras, non xa co Logos; escribir con imaxes, con son, con actitudes, con posicións, cunha vida, cunha acción, sobre unha situación. O que pervive do situacionismo é que ainda pintamos (escribimos) sobre o seu lenzo; as situacións son ainda os nosos papeis en branco. É con respecto a esas situacións que se definen os recursos, as ferramentas, as armas que temos para intervir sobre: politicamente; transformativamente. I é que a dimensión performática do pensamento coido reside precisamente niso: de que inevitablemente pensar involucra aos corpos, transforma, os estados de cousas: nunca acontece ao seu marxe; e se o fai, é que non é pensar

A memoria da que falamos, entón, non é unha memoria de contidos, non é unha memoria a longo prazo; ou polo menos non pretende xamais unha actualidade dos seus supostos senón unha virtualidade do memos: isto é un continuo reformulamento e un cuestionamento constante dos mesmos. Recordamos non para autocompracernos senón para examinar: o percorrido diferencial do tránsito, do proceso, a apertura á que nos sometemos, con respecto a un punto anterior, no que xa non se distingue un orixinal, no que a copia vale tanto como o primixenio, no que o futuro, incluso, tamén se intúe por comparación e contraste co pasado.

A esixencia da memoria, a súa irreversibilidade: ten máis que ver con esa potencia diferencial que se carga na apertura comparativa do presente, que cunha sorte de non-volta-atrás dos feitos como actualidades. A carga irreversíbel da memoria é pois unha carga virtual, que non atinxe ou determina unha sucesión de causas-efectos nos corpos, nos estados de cousas, que xamais leva ao desastre como destrucción; é pola contra unha irreversibilidade re-creativa, expansiva e implosiva, no seu límite, e que sempre se logra e transmuta as condicións, sexan as que sexan, invisiblemente…

Así: cando nós falamos de Feira Imaginária: de que modo nos fai falta recordar? Como activar esa nosa memoria? de que tipo é? que ten que ver cunha sorte dunha Nova Antropoloxía Imaginaria por e para Galicia? Ou ben: sería outro ese pobo do que se faría a memoria? Non temos sequera pobo, noción de comunidade, sensación de comunidade: como imos a recorar, pensar, imaginar…? Poderiamos comezar a casa polo tellado?

Pois xustamente, pensando nunha comunidade nómade, pensando nunha comunidade sen comunidade, quizais non sexa tan descabellado: o de comezar a casa polo tellado. Comecemos a recordar, no baleiro, sen orixinal que actualizar, na superficie do simulacro, un recordo revirtualizábel sempre novamente, un recordo ex-posto: ao seu esquecemento radical, un recordo que non pretende fixar, inmutabilizar; senón ao contrario: un ex-ponencial-diferencial aberto.

O importante é crear un potencial de imaxinário. Este potencial é a comunidade: é dicir, o potencial como recurso que nos pon en común e nos ordena precisamente, as formas de vida. Ao dispor dun material en común… non somos comunidade porque pertenzamos, as nosas identidades, previamente a un conxunto destas, non hai unha fixazón das subxectividades. Somos comunidade pola forma que temos de usar ese espacio, o transporte, os recursos, internet, as cousas… polo modo que temos de reterritorializarnos. O potencial imaxinario cífrase así pola capacidade que temos para “trascender” os nosos mecanismos de enunciación, este mesmo, internet, o blogue, e facer valer, por encima dele, unha acción, unha situación, na que se reformule a nosa relación co capital, a nosa subordinación ao mesmo; para unha non-subordinación recreativa do pobo (comunidade) nómade a unha fixazón do seu imaxinario, é dicir, contra toda posíbel actualización do mesmo.

Así, Arte – Comunicación – Tecnoloxía – Activismo – Traballo Comunitario – Educación Expandida… (as tres primeiras as nomea Peter Pal Pelbart dentro deste tamén artefacto audiovisual sobre arte e resistencia –a vontade de morrer) Son as patas dun novo paradigma emancipado que está a xorder. Nos albores da Modernidade. No seu ocaso. No ocaso e na desesperanza da Ilustración e da Enciclopedia. Dándose xa por perdida a causa; incluso, por outros motivos e con outras perspectivas que repugnan a universalidade do saber; é importante que extraigamos a produción de saber da súa plataforma convida e nos poñamos a producir, necesariamente, en contacto co afora, no marxe, no vértigo… pois aí atoparemos nexos en común.

Arte – Comunicación – Tecnoloxía… espacios nos que o texto funciona como artefacto. As formas de confabular co pobo, co que pasa, co acontecemento. Confabular é non só amosar na imaxe, senón tamén ocultar, excluir do Imperio da Invisibilidade ao que acontece, darlle novas voces, outras voces as oficiais, outras resonancias. A nosa Antropoloxía Imaginária pasa entón por esta elaboración confabulada de artefactos inscritos na polaridade ensinar/ocultar, na potencia transdisciplinar de arte – tecnoloxía -comunicación – política.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: