Laboratorio Invisibel

Caravana nómade do eixo atlántico

Posted on: Decembro 15, 2009

O que hai que definir, que precisar, é un eixo atlántico. Un eixo nómade; un fluxo, dende galizia a portugal; do norte ao sur; e do sur ao norte.

En que consistiría este eixo? Nunha sorte de escola ambulante, de universidade nómade, de laboratorio experimental en funcionamento.

Efectivamente; sería un laboratorio experimental, ainda que se cadra, os laboratorios experimentais estarían tamén situados, territorializados, espacio-temporalmente ubicados, nalgún lugar, en varios lugares.

Laboratorios territorializados poderían ser moitos. O de alg-a lab sería sen dúbida un. Seica en Oporto, Lisboa e máis lugares ainda de portugal contan con Laboratorios. Residencias. Artísticas. Cognoscitivas. De (inter)acción. De creación. De recreación.

Sinceiramente; cada vez entendo menos a produción discursiva sen a artística. A produción discursiva, por si soa, forma parte dun mesmo imperio: o do logocentrismo. Para saír do logocentrismo hai que cambiar: o libro por o texto. Pero o texto xorde sempre como apéndice, marxe doutra cousa. Dunha escena, dunha acción, dunha (forma de) vida, dunha historia.

A nosa historia ten que ser esa: a produción nómade; a produción improductiva, o imaxinário, a produción virtual, a creación re-creación.

O espacio plástico, o espacio escénico, un logos plástico tamén, desexante, imaxinário; o texto como complemento, implemento, suplemento do que acontece ao seu carón, sobre a plataforma da vida que o posibilita, no corpo; nalgún corpo.

Non pode haber non-logocentrismo se o pensamento non acontece dalgún modo en relación cos corpos. Sexa a través das formas de vida; iso sempre. Mais; como se emancipan esas formas de vida en si mesmas? Como acontecen? Como xorden? Como se constitúen-configuran? Como pensan?

Para pensar; contemporaneamente, é imprescindíbel, contactar co corpo. Dalgún modo.

Contactar co corpo non é obrigatoriamente danzar: nas súas profundidades. Chega con habitalo; na súa superficie sen órganos. Que xa é de por si, en grande medida, profundidade.

Habitar o corpo na súa superficie. Unha nova (im)produción de coñecementos. Coñecementos guiados, marcados, esixidos pola pose. A pose: o modelo, a postura, a contención, do movemento, do aire, do suspiro, da palabra, o silencio.

Un coñecemento, un discurso… composto case máis de silencios que de palabras. As palabras que non son palabras, as palabras que non son logos. As letras escritas, inscritas, na superficie do que acontece. No acontecemento! E non hai acontecemento que non involucre dalgún modo aos corpos. Como se involucran?

O primeiro; a esixencia máxima. Saíndo do seu sedentarismo. Pois até o de agora non se atopou no sedentario, algo así como un corpo. Algo así como un corpo sen órganos. Pois no sedentario o corpo está arranxado (agencement), territorializado, etc. E pola contra; basta con que unha persoa se nomadice para que o seu corpo comece… a danzar.

A filosofía contén un grande potencial nómade. De creación de posicións ao respeito do sistema desterritorializadas. Tamén a danza, a súa ebriedade sobria, os seus mecanismos de xiro, etc. son un enorme potencial nómade de desterritorialización. Mais coñezo moitos filósofos e/ou sistemas filosóficos sedentarios, que non son nómades, que coartan ou bloquean o seu potencial de fuga ao respeito do sistema, que no se posicionan no seu marxe; isto é: en contacto co afora. Con algún afora.

O mesmo pasa coa danza: non tod@s poñen o seu corpo a disposición do afora. Péchanse nas técnicas e no sustento físico do sistema. Crean para unha programación sistemática, se esixe unha profesionalización, o que supón: un soldo, unha manutención, un dar un resultado, un producto ao sistema que sexa recoñecido nos seus códigos; isto é: os cartos, fluxo-capital. O mesmo que pasa ou soe pasar en filosofía cos libros, as cátedras, as prazas, etc.

Interesante a este respeito, doutra arte, sen ser a danza, mais si moi plástica, é a irrupción da pintura durante a modernidade como fonte de creación e re-creación do noso pensar, do noso sentir e do noso imaxinario, mais moitas veces (as máis importantes e destacadas) na marxinalidade. Van Gogh, Picasso, Bacon, Goya… Non é a pintura moderna igual que a performance contemporánea? Outra cousa é o que entendemos por performance, que coido está a debatir ou polo menos a pensar.

Pensar: que é pensar? Crucial pregunta en todo isto. Deleuze, seguindo a Artaud afirmaba que o pensar, por si só, é revolucionario. Basta con que un pense, tan sequera por un instante, por un segundo (ou menos: un instante…) que produce correlativamente, no mundo enteiro e no seu acontecemento, unha revolución. Artaud, antes que escribir un grande libro, ou facer unha grande obra, bastáballe con pensar tan so; durante un instante, sagrado, extraño, descoñecido ainda, polo aparente pensamento que sucede… na nosa cabeza.

Para min, que investigo esta relación con paixón e “aplicación”, o pensar é: algo que acontece, entre os corpos e as palabras, no seu intersticio ou liña de separación, na superficie que separa ambas dimensións, mais que toca, en contacto permanente, coas dúas. É un plano. O plano do sentido. O plano virtual. O plano do acontecemento. E unha forza tamén é.

Por isto mesmo, estas mesmas palabras caen polo seu propio peso; na medida en que pretenden re-presentar, un pensamento, que non existe detrás do papel, que non existe en ningures; senón na forma de vida por-vir e por crear.

A proposta do eixo atlántico supón precisamente a emerxencia dunha(s) forma(s) de vida: o desenvolvemento do laboratorio de Universidade Invisíbel (httpt://laboratorioinvisibel.wordpress.com) en colaboración con outras asociacións-institucións-monstro que atoparemos por aí, e das que xa coñecemos moitas. E outras moitas non. Descoñecémonos de feito a nós mesmos…

A proposta en concreto:

crear unha oficina móbil e ambulante de creación e (im)produción nómade ao respeito do eixo atlántico. Esta oficina consistiría nunha caravana equipada con computadoras e rexistradoras variadas: de audio, de imaxe, etc. Trátase dunha sorte de novo periodismo virtual, que trate e traballe coa virtualidade e recree o imaxinario en vez de traballar coa actualidade e castrar este imaxinario, tal e como fan os medios de comunicación convencionais e até o de agora.

A caravana a mercaríamos entre unhas 20 ou 30 persoas; farían falta. E a empregaríamos correlativamente, alternativamente uns e outros. Estaría en constante movemento e productividade; de norte a sur e de sur a norte. Fluxificando un eixo que a través desta canle se desterritorializa definitivamente; pois engade unha fuga nómade ao que de por si xa está fugado: por exemplo, a propia universidade invisíbel en coruña (e/ou as atochas), proxecto derriba en ourense (ou ónde sexa), alg-a en valadares (fermosísimo val…), o núcleo corcubión, etc. etc. mais todo o que nos queda por descubrir-contactar en portugal.

A caravana sería unha canle, un fluxo interconector. Que nos permita visitar pobos e aldeas; formas de vida minoritarias, coas que traballar-recrear o noso imaxinario; o acontecemento do sentido, unha experiencia sempre nova, en profundidade, unha experiencia da aprendizaxe, da posta en continuo cuestionamento do que se sabe e do que se ensina. Un espacio de información, de tratamento da mesma. Un espacio de inter-conexión.

Pois ao cabo: as ferramentas web verdadeiramente se nomadizan a través do eixo interconectado coa caravana. Digamos que cada punto do eixo, a través da caravana se move con toda ela, e non soamente iso, senón que ademais non fala xa cara un adentro, cara unha sedentariazación; senón que muta a súa interfaz comunicativa cara un novo espacio; un afora relacional, a rede mesma, que non está tan só conectada na internet, senón tamén fisicamente, cos corpos, coa presencia; ou ainda mellor no acontecemento e na forma de vida que o veicula.

A caravana: sería transporte e residencia provisional, temporal; mais continuamente temporal (TAZ continua). Do mesmo modo; temos que crear e fomentar as residencias e os labs (centros sociais?) territorializados por todo o eixo. Eles son residencias físicas de facto; mais o interesante é que ao saír destas residencias poidamos ir a outras, poidas transitar dentro da caravana, no seno do fluxo, pechar o afora (Foucault) e obrigarnos así a non-saír xa do mesmo.

Fai falta, en definitiva, desterritorializar os softwares, así como a simultaneidade da internet. Para elo, as conexións teñen que acontecer xa todas elas nun afora, e nós permtir que se produza ese afora ou plataforma que as soporte integramente; non casualmente. Que eu poida crear unha nova, unha perspectiva virtual sobre un feito, unha personaxe, algo que me atopo nalgún punto do eixo, e que en seguida iso sexa unha nova para o resto da rede… Mais tamén, que ao mesmo tempo, o que está a facer a rede, a malla invisíbel, (co) opere, efectivamente, como unha casi-causa do acontecemento que por elo viaxa, así, de norte a sur, e viceversa. Só desta maneira se produce efectivamente un encontro entre as cousas que pasan…

man_hauser.

Advertisements

7 Respostas to "Caravana nómade do eixo atlántico"

Hola Manu, la propuesta me parece bien interesante, si entiendo bien intenta dar respuesta a las siguientes problemáticas:

1. Crear un canal de comunicación común, un palimpsesto que funcione como un tipo de baul abierto y sumatorio (y …. y …. y …..) en que cada uno de sus habitantes deje un rastro. “Exposición de nuestras experiencias comunes sobre ruedas”.

2. Fomentar la creación de espacios de pensamiento monstruosos, invisibeis, resoantes, nomadas, creativos, etc.

Ahora bien, me surgen algunas preguntas:

¿Por que buscar la desteritorialización a través de un vehículo del siglo pasado (la caravana+coche o la furgo)? ¿no hay que cuestionar el mito del automovil como medio de liberación-desterritorialización? ¿No es más bien un medio de servidumbre fuerte (dependencia del coche, seguros, reparaciones, estresses, vinculación con un determinado modelo energético y urbanístico, etc)? ¿Por que no utilizar vehículos de este siglo (Internet, que engloba muchos otros, por ejemplo) -aunque entiendo que propones una simultaneidad de medios-? ¿No hacemos networking continuamente y trasmitimos nuestras experiencias YA a través de una multitud de medios (hablo como universidade invisibel)?

¿Por qué pensar el nomadeo unicamente como recorrido entre dos puntos (Norte-sur, Galicia-Portugal) -lo cual no es muy propio de nómadas por otra parte-?

¿De donde sacar la cantidad gigantesca de recursos (de tiempo, esfuerzo, ecónomicos) que conlleva una propuesta -y apuesta- así (y que puede ser quizá equivalente a la que conllevaría el mantenimiento de un Centro Social o un “espazo invisibel”, quizá exagerando)?

Abrazos.
Ro.

Penso que hai ideas moi valiosas no que comentas, Manu. Por exemplo: “Trátase dunha sorte de novo periodismo virtual, que trate e traballe coa virtualidade e recree o imaxinario en vez de traballar coa actualidade e castrar este imaxinario, tal e como fan os medios de comunicación convencionais e até o de agora”. Sexa como fora, é bastante evidente que non seríamos -nin quereríamos ser- quen de facer periodismo de actualidad (non hai tempo pra todo). Entón a idea do periodismo virtual, que eu case preferiría chamar “traballo de campo”, parece ben potente.

Hai cuestións máis mundanas que non se comentaron: o prezo da caravana, como xestioar o vehículo, etc. Se non se fixo entendo que é porque o blogue non parece ser o lugar de falar destas cousas, xa que para iso están as listas, e que por tanto, aquí, no blogue, o que deberíamos ver de pensar -se acaso dende un punto de vista máis “teórico”- é o proxecto en sí.

Ei de dicer, por outra banda, que a idea tan romántica da caravana, gústame moito. Certamente, como apunta Rosendo, é bastante retro, pero tal vez esté ahí o seu encanto: a rusticidade da caravana case hippie, enchida con novas tecnoloxías, algunhas delas post-hippies (free software), e uns conductores e moradores que en vez de hippies saen ao campo coas súas “batas brancas” de investigadores.

Se me ocurre que o que comentas ten a súa traxectoria histórica: dende o Cine-Tren soviético de Medvedkin ata o PublixTheatreCaravan, pasando polo autobus cargado de LSD do novelista Ken Kesey (autor de “Alguén voou sobre o niño do cuco”) e os The Merry Pranksters, por poñer tres exemplos. O primeiro, rexistrou a vida popular soviética cun equipo formado por profesionais, obreiros e campesiños a comezos dos 1930. A mediados dos ’60, o autobús de Kesey saiu de San Francisco, deixando atrás os bairros beatnik e hippie de North Beach e Haight-Ashbury, para recorrer os USA animando á deserción social. A PublixTheatreCaravan, máis interesante que o propagandismo de Medvedkin e a alucinación psicodélica de Kesey, se define como un grupo teatral-activista transnacional, afincado non obsante en Viena, e moi activo en distintos movementos globais (contra-cumios, No Border Actions, etc.). Véxase por exemplo: wikipedia e Gerald Raunig, Mil Máquinas.

Agora ben, antes de mercar unha caravana para o “eixo atlántico”, haberá que crear ese eixo. Antes de sair con ela a facer “periodismo virtual”, haberá que dar algún paso máis na consolidación do Laboratorio que se encargue de facer tal investigación. Co cal, a idea pode pensarse para un futuro medio ou un futuro achegado. Sexa como sexa, non está de máis seguir dándolle voltas, ver as posibilidades dun invento tal, etc. Penso que a lista (da Uni ou do Labo) é o mellor lugar para discutir a súa viabilidade. Rosendo mencionou o tema do Centro Social… Temos que discutir toda a estratexia no seu conxunto. Pola súa parte, penso que o blogue pode ser un bo lugar para discutir as posibilidades políticas, artísticas, investigadoras (estas sempre foron as tres patas da Invisíbel) desta proposta sen dúbida complexa e cara, pero, na miña opinión e a pesar de non saber conducir, ben interesante.

Apertas

Ken Kesey
Foto: Ken Kesey e o seu bus escolar (Máis imaxes aquí).

PublixTheatreCaraban
Foto: A PublixTheatreCaravan austríaca (Ver a imaxe máis grande aquí).

e bem certo que o monstro-caravana pode ser moi pesado (costoso-ligado ao modelo productivo capitalista…) pero non creo que debamos considera-lo dificil de xestionar… a non ser que o noso pensamento sexa tanto ou mais pesado que o propio monstro.
apertas desde o veran austral en Canberra

Ei, xa contarás das túas experiencias australes!!! Morro de gañas de ir a Australia, patria de ladróns, prostitutas e ludditas. Non tan distinta das orixes de San Francisco, non? E si, supoño que o da xestión é o máis sinxelo. En canto a prezos, remolques de segunda man (4 prazas) poden conseguirse dende, poñamos, uns 2000 euros, de 6 prazas por 3000. As autocaravanas suben un pouco; 7000 as máis baratas. Sexa como for, as pelas poden mirarse máis adiante, xa que sempre podemos probar se o proxecto funciona ou no, alquilando unha autocarabana nas primeiras ocasións (100 euros día aprox.). Supoño que o máis interesante é debatir aquí o proxecto, e por tanto, se lle imos a dar uso ao vehículo e como. Alén do Manu, seguro que a Ergosfera e os de Alg-A tamén se lle ocurren algunhas boas ideas.

Apertas

Pd. Finalmente falei das pelas 😛

custo de mantenemento? e canto nos estan ROUBANDO os particulares “propietarios” de espacios por aluguer ao mes de pisos e baixos de residencia e creación? Xunta todos eses cartos………….

por outra banda; me parece algo así como: non hai pensamento nómade, non hai guerra nómade, non hai xeración nómade sen non é coa súa respectiva máquina de guerra, co seu respectivo carro nómade; lembrades o debuxo que inclúen D&G no Mil Mesetas?

outra máis: marabillosa antón a túa aportación; o teu post. Non digo máis por agora; mais me sorprendes de novo. Tratarei de comentalo polo miudo.

Outra cousa: xustamente a proposta de algo moi semellante á carvana saiu como “boa” no encontro este de Baeza. Chamámoslle unha Unidade de Acción (en abstracto) sen concretar demasiado qué sería fisicamente. Mais se basea neste principio de re-creación espacio-temporal da universidade nunha intensidade que interviene en diferentes situacións dadas. Cómo interviene e por qué… son cousas que hai que pensar mais que non deixan de estar dentro da relación que ten o pensamento, a teoría, a universidade coa sociedade, as súas tensións-distensións, a expansión da docencia, etc.

Por último teño unha reflexión acerca da interioridade (e profundidade) da internet, das súas interfaces, que coido se consigue tan só no nomadismo como actitude e que quixera desenvolver, e que coido se dá especialmente nun proxecto como o que se propón. É dicir, que o laboratorio 2.0 funciona como interioridade e profundidade da opinión (paradoxa) especialmente nun proxecto deste eido…..

falamos de todos os xeitos e seguimos pensando; amig@s! que me parece xeniais as vosas aportacións e que poidamos finalmente coordinar esta idea e inquietude miña nun “nosoutros”…………..

Vale, a mí me habeis convencido 😉 XDXDXD

(Aunque hay que darle alguna vuelta más y pienso que tiene que haber otro tipo de vehículos aunque quizá no tan ligados a la “tierra”)

(no puedo evitarlo)

Os de Galiza Non Se Venden xa tenhen a sua caravana. Corto e pego:

Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas.
O primeiro concerto, o de presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal). Actuarán:

* Labregos do tempo dos sputniks (García MC (DKTC) máis Leo i Arremecághona)
* Abobriga (Música tradicional / contemporánea)
* Assircópatas (Teatro e circo)

Colaboración 2 Euros

Esta Caravana rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación nacional en Compostela en defensa do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: