Laboratorio Invisibel

O goberno da imaxe (Zizek)

Posted on: Outubro 25, 2009

en relación a baixacultura.

Advertisements

8 Respostas to "O goberno da imaxe (Zizek)"

como vedes trata o tema da cultura popular; e o de Platón e a poesía coido que é tamén moi importante. Por outra banda; que dicir da análise psicanalítica das pulsións incestuosas nos filmes de Hollywood? Zizeck, como bon europeo do leste, faise valer; é orixinal e creativo, ainda que se cadra, garda unha sorte de duelo polarizado coa cultura ianqui. Que non digo que non exista, por outra banda…

Tamén me lembrou, a propósito do caracter inestable e adaptativa da Natureza, ao concepto Butoh de Equilibrio Precario. Este é o Estado no que se move o bailarín butoh , ou o que é o mesmo, o corpo-meditación.

Equilibrio Precario sería o equilibrio transformándose, continuamente, dentro do entorno e dentro de sí mesmo. Á vez, pero cos ollos volteados cara adentro, centrándose na súa natureza adaptada.

gustoume, páreceme interesante a súa opinión sobre a poesía e o documental. Tamén iso que dí da empatía, vínculo, forte, que se crea no cinema de ficción. O de hollywood creo que pasa en xeral co cine como industria (Sexa do país que sexa) . Nos quedamos co bó: as relacións amorosas, as super mulleres, os heroes…Exemplo: Hipatia, O Quixote…todo o mundo vai ver estas obras maestras, e sae do cine PLÉTORICO, iluminado por encontrarse con personaxes tan íntegros e valentes como estes dous. Pero ao pesar de que todos e todas (últimamente en masa) alaban a HIPATIA ao saír da sala de CINE, na REALIDADE non habería, nin lle darían cabida (Existencia) pois iso conlevaría CAMBIOS nos seus hábitos cotidianos do día a día. É mellor pois que todos eses personaxes dos grandes filmes queden nese lado: o da ficción (utopía) e non cruzen a raia cara o outro lado.

– que boa a película última do Amenabar,
-si que lista, e que ben fala da relixión…

o (Docu) comentario cinéfilo da ultima peli de turno queda pois na superficie, a pesar destar acontecendo XA fóra da sala de cine

Jejeje, ese video lo subí yo a video.google hará un tiempecillo! 🙂

Me encanta la forma en que ve el cine: “una fabrica de producir deseos”, “te enseña a desear” (Zizek, Guía pervertida del cine). Que es lo que le permite analizarlo como alegoría por otro lado. También como lo utiliza de material pedagógico.

No me gusta tanto las -que considero- “idas de olla psicoanáliticas” (como el impulso incestuoso que dice existe en las películas de Hollywood).

Respecto al tema de las películas épicas (hipatía, etc) no sé muy bien que opinar. Por un lado, muchas me encantan, por otro no se si pertenecen a otros tiempos (frente a formas de narración multitudinarias -perdidos, battle star galactica- o mini-tramas por ejemplo) y por lo tanto si tienen capacidad de actuar hoy como política progresista.

…?¿?

supongo que si tienen capacidad de actuar en tanto que que generan debate-emoción, pero quizás yo me referí más al modo de reacción del público que ve esas películas. O a los cambios que gesta en el espectador.
pero bueno, ahí ya no sé cómo se podría incidir…

A min o que me parece máis interesante de Žižek -e vése claramente na pequena entrevista esta- é a análise que sempre fai tendo en conta aquilo non-respresentábel que se agocha tras a narratividade… Interésame pois é o que, ao meu modo de ver, o conecta tanto con Jameson ou Lacan -máis evidente- como o fai até con Deleuze e Derrida -na liña que eu tento desenvolver. De feito, o proprio Žižek ten un libro de entrevistas ao que se lle chamou “Arriesgar lo imposible” (Madrid, Trotta, 2006) no que anda sempre a voltas co concepto de “imposíbel”, en relación ao “Real” de Lacan. É interesante pois isto tamén ten que ver moito con Derrida e o seu “im-posíbel”, que aínda que non se achega a Žižek, xente como Paco (Vidarte) gastaron moitas páxinas e horas en relacionalo co “Real” de Lacan. Por aquí entra a concepción de acontecemento que a min máis me motiva (tanto en Deleuze como en Derrida a pesar das diferencias), e tamén é algo tras o que vai sempre Jameson na súa análise narrativa, pois Jameson pretende reescribir os textos de tal forma que estes se vexan como unha reescritura dun “subtexto” previo, ben sexa de carácter histórico ou ideolóxico. Este “subtexto” non é unha realidade presente senón aquilo fronte ao que responde un texto e que non é conceptualizábel, senón aquilo fronte ao que o texto reacciona (aquí entra a semellanza co “Real” de Lacan ou o “Imposíbel” de Žižek, mesmo coa “Causa Ausente” de Althusser, etc.]. Esta historia non é narrativa nin representacional, senón un sistema de antinomias que funciona como síntoma (e aquí concordan Žižek e Jameson seguindo a Lacan)…
En fin, que mola.

para min, o que está deixando claro zizeck, é que hai, estase consolidando, un acontecer inconsciente pero impositivo da imaxe. Xa non hai resposta ético-política -en principio, ou digamos como organización molar- que responda a esta situación. É dicir; á situación post-capitalista, á sociedade de consumo e hipermediatizada, á globalidade en rede, ao capitalismo nervioso… Non hai forza, nin sobre todo, resistencia, para volver-a-pensar-as-cousas; e antes que iso, asúmense xa imaxes, devóranse, ou acéptanse, sinxelamente; e dunha maneira atroz, certamente. Mais que podemos facer nós ao respecto? Certamente, tratar, a pesar de todo, de pensar dentro da imaxe, aínda; dentro do pensamento…

A sociedade estase globalizando tamén a un nivel libidinal; e nese senso comparto en grande medida o concepto “antoniano” de nervioso. Está unificando o sistema, como sistema que é, a nosa carga inconsciente e a súa capacidade e potencia productiva, anestesiando este tránsito que estamos vivindo de liberación e revolución das formas de vida. É neste senso, todo o proceso, muito complexo, con factores que van case en dúas direccións a un tempo…

Mais se certamente zizeck se atreve a pensar hollywood e a industria cinematográfica, e a considera como o auténtico síntoma do acontecer e das debilidades da sociedade, por algo será; ou mellor, é loubábel nel en grande medida. Pois en grande medida acepta entrar no xogo do Espectáculo global; acepta como cidadán(?) do leste a pensar xunto á occidente e predisporse ante un acontecemento común. Isto beneficia a EEUU e cía? Ou quizais é o que verdadeiramente pon en perigo a súa empresa: o imperio total integrado… Me parece que estamos despistados do xogo (que se está xogando e no que nos estamos xogando) na medida en que desatendemos a configuración e recreación desa carga libidinal; presente continuamente e sen cesar na maioría senón tódolos ámbitos da “cultura” (popular?) que nos rodea. Que nós poidamos acceder a ela, que esa “cultura” sexa verdadeiramente nosa (de quen? como se configura esa comunidade?) son as preguntas que nos atinxen e que promoven este laboratorio (alomenos da imaxe).

Pensar a imaxe: pode ser algo así como -simplemente pensar. Porque conseguir pensar ante a imaxe, é de por si = emancipación, e comunicación.

Quizais a imaxe e toda a súa criatividade e articulación libidinal é ese sub-texto do que falas, abraham, mais eu non diría que se agocha en ningures, e por iso, afastaría en principio un pouco o de sub- O mesmo zizeck na entrevista incide no aspecto da superficie; que como sabemos tamén deleuze e compañía desenvolveron. Non creo que a configuración libidinal (incestuosa, por exemplo, que suxire zizeck) se conspire de ningún xeito preconcebido nin oculto, nin que haxa que rastrear detrás de nada. O signos, as claves, están aí mesmo, na superficie, as veces, escandalosamente preto de nós, ante os ollos, e sen embargo éntrannos, como quen di, pola gorxa pequena, sen consciencia do que asimilamos e de onde estamos instalando, territorializando, o noso pensamento; que non pode así voar.

ok, cada un coa súa linguaxe…
mais simplemente por matizar… o que implica un texto (é jameson quen o chama subtexto… para min, obviamente, entra dentro da configuración de “texto”), o que implica, digo, non é algo presente, nin marca un lugar onde se “agocha” algo… iso é metafísica! e, por tanto, non hai un “rastrexar” que se faga para atopar algo “preconcebido” ou “oculto” (non hai ningún obxecto que atopar)… en todo caso estaría ben rastrexar aquilo que a metafísica bloqueou pola súa insistencia na presencia e o obxecto (e o suxeito)…
pero esa é outra historia.

en fin, eu só quería mostrar a miña ledicia polo vídeo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: