Archive for Setembro 2009
- In: Cultura | Espectáculo | Videoxogos
- 31 Comments
Algunos componentes de la Universidade Invisíbel y Ergosfera andamos preparando un taller-instalación sobre cultura (pop)ular que prevemos se realizará a principios de Noviembre. Quedamos de colgar materiales diversos en referencia a él en este laboratorio invisíbel. Acá van unos apuntes y algunos materiales de consulta. Se agradece cualquier tipo de colaboración.
- In: activismo
- 3 Comments
Engadimos neste post unha serie de referencias a proxectos -e bibliografía- relacioados co activismo e o hackeo da tecnoloxía e o saber técnico: hackeo da bioloxía, bioarte, biopunk, hardware libre e inventos robóticos ao servizo dos movementos, videoxogos antagonistas, medias alternativos, transmedias, hackeos dos espacios públicos, tanto físicos como virtuais, etc.
- In: Cultura | Texto
- 5 Comments
Este texto forma parte do libro The Community of Those Who Have Nothing in Common (1984, Midland, Studies in Continental Thought) e é unha sorte de aposta por unha (nova, vella) reflexión encol do qué podemos comunicar dentro dun contexto comunitario discursivo. Qué forzas operan detrás da linguaxe e se é posíbel definir unha exactitude tal que a nosa comunicación chegue a un nivel no que o todo do mundo sexa claro, evidente e predecible, nos seus máis básicos e íntimos niveis.
Unha sorte de Reflexión que chega da man de Alphonso Lingis (Illinois, 1933) Filósofo norteamericano, escritor e traductor. Recoñecido, sobre todo, polas súas traducións ao inglés de Emmanuel Lévinas e Maurice Merleau-Ponty. Profesor na Universidade de Pennsylvania, é coñecido pola súa singular maneira de xerar tecidos pedagóxicos nos que mestura, nas clases académicas, gravacións magnetofónicas das súas viaxes por culturas e países diversos, o uso da performance como modo de aprendizaxe e a inter-lectura (comunal, cos seus alumnos) de todos os textos que a tradición filosófica lle avén para reflexionar sobre o acontecemento do mundo. Este texto é inédito en español, coma a maior parte da súa obra, entre a que se contan libros como o arriba cita, Excesses: Eros and Culture (1984), Foreign Bodies (1994), ou Violence and Splendor (no prelo).
A Tradución deste texto foi realizada por Fausto Alzati (México D.F., 1979) Filósofo, ensaísta e tradutor. Actualmente conta cun libro en imprenta: Inmanencia Viral, ensayos sobre el post-punk (Tierra Adentro, México, 2009).
tecnoloxía e sacerdocio
Posted Setembro 9, 2009
on:- In: Cultura | Espectáculo
- 10 Comments
A tecnoloxía é a consciencia de cómo o método e digamos que o canal inflúen no resultado, e no contido. Mais é a conciencia de cómo esta influencia chega incluso a darse toda ela como coincidencia; ou polo menos como indiscernibilidade. É dicer: o ponto no que non podemos discernir entre método e resultado, entre canle e contido. E sen embargo non renunciamos ao proceso nin acusamos nel unha falta; ou unha corrupción.
sacerdotes do Espectáculo
Posted Setembro 9, 2009
on:“As raices do Espectáculo afúndensen na máis antiga das especializacións sociais, a especialización do poder. Por elo, o espectáculo é unha actividade especializada, símbolo de tódalas demais. É a representación diplomática da sociedade xerárquica ante si mesma, unha sociedade da que desterrouse calquera outra palabra. Neste sentido, o máis moderno é tamén o máis arcaico“. Guy Debord, A sociedade do Espectáculo.
Pregunta: como xestiona o Espectáculo a comunidade nómada insurxente? Como libera-lo do arranxo xerárquico vertical absoluto? Non haberá que contra-atacar precisamente a especialización?
Comentarios recentes