Laboratorio Invisibel

I Feira Imaginária Contemporánea

Publicado por: manhauser en: Xaneiro 28, 2010

A continuación o texto que estamos empregando de base para coordinar a Feira Imaginária que como sabedes estamos a co-organizar, co-ordinar con alg-a. O texto está xa subido a un tiddly-wiki aquí, que pretende funcionar como espacio para debater e pór sobre a mesa as propostas e enfoques. Do mesmo modo, este blogue, o propio Laboratorio Invisíbel está en íntima relación co que se desenvolverá na Feira (presumiblemente…). As cuestións teoría – espectáculo, o tránsito dela a través da biopolítica, a mediación da imaxe e da tecnoloxía, quizais como elemento clave da reterritorialización… Deixo o texto:

Ler o resto desta entrada »

Tronos: Historia da Merda e a Gloria, vía D. Laporte e G. Agamben (Biopoder 3)

Publicado por: Antón Fdez. de Rota en: Xaneiro 21, 2010

Selle Stercoraria

Este é o terceiro post dunha serie onde se están a discutir as distintas concepcións do bipoder desenroladas por varios autores. En “Biopoder 1″ debatimos os plantexamentos recentes de  Paul Rabinow (ver aquí). En “Biopoder 2″, a última definición do proxecto foucaultiano, autor que acuñou o concepto (ver aquí). Agora, en “Biopoder 3″, porase en relación a aportación de Dominique Laporte co último libro de Giorgio Agamben.

Ler o resto desta entrada »

Produción cultural – Produción nómade

Publicado por: manhauser en: Xaneiro 20, 2010

A intervención de Marcelo Expósito en Coruña, deixa na miña opinión, varias cousas no aire, e varias cousas por plantexar, que dalgún modo quixera aquí reflexar, para cuestionar tamén certos aspectos e dinámicas, que se dan no noso entorno e na nosa universdade, e de cara, cómo non, a facer tamén unha serie de propostas ao respeito.

Ler o resto desta entrada »

Nómadas: Notas sobre un concepto político (Antón Fdez. de Rota)

Publicado por: Antón Fdez. de Rota en: Decembro 16, 2009

Ghilzai nomads in Afghanistan

Nas liñas que seguen se debatirá a influente conceptualización dos nómadas feita por Deleuze e Guattari, contrastándoa con aportacións etnográficas, e levando o problema ao terreo político dos movementos sociais.

Ler o resto desta entrada »

Caravana nómade do eixo atlántico

Publicado por: manhauser en: Decembro 15, 2009

O que hai que definir, que precisar, é un eixo atlántico. Un eixo nómade; un fluxo, dende galizia a portugal; do norte ao sur; e do sur ao norte.

En que consistiría este eixo? Nunha sorte de escola ambulante, de universidade nómade, de laboratorio experimental en funcionamento.

Efectivamente; sería un laboratorio experimental, ainda que se cadra, os laboratorios experimentais estarían tamén situados, territorializados, espacio-temporalmente ubicados, nalgún lugar, en varios lugares.

Ler o resto desta entrada »

Informe Invisibel: Por una pedagogía climática

Publicado por: Rosendo en: Novembro 12, 2009

informe invisibel

Hola amigxs de la Invisíbel, os presento un breve texto que escribí como informe acerca de mis impresiones personales y conclusiones provisionales sobre la investigación cultura/espectáculo que andamos llevando por este laboratorio invisibel. Espero que nos sirva para avanzar en esta investig-acción. Muchos abrazos.

Ler o resto desta entrada »

Como construir un laboratorio crítico? (Vía Rabinow)

Publicado por: Antón Fdez. de Rota en: Novembro 1, 2009

Despois de 3 meses de funcionar a modo brainstorming, a pesar do que xa temos avanzado, semella oportuno continuar así, deste xeito, por un tempo. Agora ben, hai temas que pouco se trataron, un deles é o que o propio laboratorio significa. Deixo aquí un texto de P. Rabinow, escrito no 2006, no que presentaba as primeiras conclusións -digamos, o primeiro paso na formación- do Anthropology of the Contemporary Research Collaboratory. A pesar de que está enfocado cara a antropoloxía, penso que non será difícil extrapolar moitas das ideas as formas propias dos distintos campos que aquí estamos a transversalizar. O artigo completo pode descargarse aquí en pdf. A continuación resalto algunha das partes máis importantes.

Ler o resto desta entrada »

O goberno da imaxe (Zizek)

Publicado por: manhauser en: Outubro 25, 2009

en relación a baixacultura.

O proxecto foucaultiano: saber, poder, prácticas de si (Biopoder 2)

Publicado por: Antón Fdez. de Rota en: Outubro 20, 2009

Vai con este post un fragmento da primeira clase de O goberno de si e dos outros que Foucault impartiu no Collège de France un ano antes da súa morte. O libro non foi publicado en castelán ata este mesmo ano -a súa publicación en inglés está prevista para xuño do 2010. O curso forma parte do último Foucault, aquel deu un xiro dende a “historia do presente” (obras comprendidas entre Nietzsche, a xenealoxía, a historia ata  Historia da Sexualidade. Vol.1), ata o que chamou a “historia do pensamento” ou a “ontoloxía histórica de nós mesmos” (p.ex. Historia da Sexualidade. Vol.2 e 3, curso A hermenéutica do suxeito; ver tamén as entrevistas “De la amistad como modo de vida” e “Sexo, poder y políticas de la identidad” ).

O extracto que pego é o típico momento en que Foucault vira a cabeza para atrás e tenta explicar cal é o sentido e intención da súa obra. Neste caso, define o seu proxecto -”ontoloxía histórica de nós mesmos”- como unha investigación dos “focos experiencias“. A súa vez, estes focos de experiencias comprenderían tres conxuntos referidos a: (1) saber (formación das prácticas discursivas que crean as formas de saber posibeis); (2) poder (matrices normativas de comportamentos); (3) prácticas de si (tecnoloxías do eu, modos de existencia virtuales para suxeitos posíbeis).

Sen dúbida, este último Foucault vai a dar moito que falar, e o estudo do biopoder, que nos traemos entre mans, fica incompleto sen tales reflexións.

Ler o resto desta entrada »

Voltar ao exótico de novo (Antón Fernández de Rota)

Publicado por: Antón Fdez. de Rota en: Outubro 14, 2009


Resumen: Este ensayo intenta reconceptualizar lo «exótico» y la alteridad siguiendo las aproximaciones foucaultianas -arqueológicas y genealógicas- al concepto de l’homme. Mi intención es discutir las posibilidades de una antropología de lo contemporáneo a la hora de crear un proyecto crítico que tome la figura del anthropos de un modo nominalista, y que pueda articularse críticamente sobre el trasfondo de los problemas enunciados en los movimientos sociales emergentes.
Palabras clave: exótico, anthropos, antropología, movimientos sociales.
PDF: descargar aquí.